Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 24 de xaneiro

11.30 h.
No Multiusos de Sar, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Deportes, Manuel Portas, de Cultura, Néstor Rego, e do xerente do Multiusos, Santiago Cuadrado, para facer un balance das actividades das instalacións deportivas de Sar e de Santa Isabel durante o ano 2006.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, para presentar a quincena da "Educación para a paz, a convivencia e a solidariedade. Oitavo foro de Organizacións Non Gobernamentais".

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Facenda, Xaquín Fernández Leiceaga, sobre varios asuntos da súa área.

19.30 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, recepción aos participantes na feira de Turismo Cultural 07.

Compartir: