Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 18 de xaneiro

11.30 h.
No Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche, a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, inaugura a exposición "Plantando libros". No acto tamén estarán o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luis Bará, e o ilustrador e membro da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, Óscar Villán

20.30 h.
No Local Social de Vista Alegre, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese cos veciños da zona, aos que lles explicará o proxecto ARI (Área de Rehabilitación Integral) para o barrio.

Compartir: