Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 5 de decembro

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, para presentar a exposición "A historia vai á Rocha". Na rolda tamén estará o presidente a Asociación de Veciños Serafín Zas, Manuel Moure, e o presidente da Asociación Cultural Rocha Forte, Carlos Delgado.

12.00 h.
No Salón Verde da Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego e de Miguel Martín, xerente do Igaem, para presentar o V Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán. Na rolda estarán tamén Alberto Álvarez, presidente de Fegatea, Federación Galega de Teatro Afeccionado; e Pedro Pablo Riobó, vocal da mesma.

12.00 h.
Nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes en San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Manuel Portas, para informar da celebración da Copa LEB 2 de baloncesto en Santiago. Na rolda tamén estará o presidente do club Beirasar Rosalía, Ubaldo Rueda.

12.30 h.
No Salón Verde da Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, para facer un balance de Cineuropa 2006.

Compartir: