Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 28 de decembro

18.30 h.

Pleno ordinario

Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:

1. Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.
2. Aprobación inicial dos orzamentos para o ano 2007 e cadro de persoal.
3. Resolución de alegacións e aprobación definitiva da ordenanza de convivencia, residuos e limpeza viaria.
4. Proposta da concelleira delegada de Benestar Social relativa á adhesión da Corporación Municipal ao documento "Consideracións e propostas á Lei de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia".
5. Designación de representantes no Consello Reitor do Organismo Autónomo Auditorio de Galicia.
6. Designación de representantes no Consello Municipal de Migracións.
7. Dar conta de resolucións da Alcaldía e da Xunta de Goberno local.
8. Toma en consideración das mocións presentadas polos grupos municipais.
9. Rogos e preguntas.

Compartir: