Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 1 de outubro

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular responsable do seguimento de economía, Cecilia Sierra, sobre asuntos da súa área.

12.00 h.
Na Cada do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Comercio, Emprego e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar a II Xornada Emprende en Compostela.

12.30 h.
Na Casa do Concello, o voceiro da Xunta de Goberno Local, Néstor Rego, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión

14.30 h. (hora local finlandesa)
En Helsinki, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, é recibido polo rexedor da capital finlandesa, Jussi Pajunen.

20.00 h.
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Consello de Relacións Veciñais.
Punto único: Petición de indulto aos veciños do Eixo.

Compartir: