Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 1 de decembro

10.30 h a 20.30 h.
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, celebración dos Primeiros Encontros de Xogos de Rol "As Catro Mesas", organizados polo Departamento de Xuventude en colaboración co colectivo Zónula Catro. Entrada libre e de balde.

11.00 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura as obras do SUP-6 (Santa Marta).
Punto de encontro: enfrente ao desvío que vai cara ao Hospital Gil Casares.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 10.40 h. da Praza do Obradoiro.

12.00 h.
No Teatro Principal, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto "21 Mulleres Galegas, 21 Historias Cotiás", organizado pola fundación Iniciativas 21.

17.00 h.
Cineuropa
No Salón Nobre da Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, entrega o premio Cineuropa 2007 a Jane Birkin. Asiste o tenente de alcalde e concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e o director do CGAI, Guillermo Escrigas.

21.00 h.
Sons da Diversidade
No Auditorio de Galicia, concerto de Jane Birkin dentro do ciclo Sons da Diversidade

Compartir: