Previsións informativas para o xoves 25 de outubro
10.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ao grupo de xubilados e xubiladas do Concello de Tafalla (Navarra) acompañados polo seu alcalde, Arturo Goldaracena.
10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, para dar conta do resultado da votación dos Orzamentos Participativos Compostela Decide 2019.
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade, Noa Morales, para presentar "Círculos de Lectura: unha crítica social dos medios de comunicación", actividade gañadora dos Orzamentos Participativos de Mocidade. Na rolda estarán Luis Ogando e Jacobo Pérez, propoñentes da actividade.
12.00 h
No Teatro Principal, lectura dos "Seis poemas galegos" con motivo do Día de Federico García Lorca en Santiago de Compostela, coa participación dos centros educativos.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos sindicatos municipais e do Comité de Empresa.
20.00 e 22.00 h
No Teatro Principal, proxeccións da Semana de Cine Euroárabe AMAL.
20.30 h
No Auditorio de Galicia, "Unha noite con Mendelssohn", concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Jonathan Webb e con Svetlin Roussev, violín.