Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o mércores 22 de novembro
10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar a nova web de parques e xardíns.
11.30 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visita o Mercado de Gando de Amio, acompañado polas concelleiras de Desenvolvemento Económico e de Mercados, Marta Lois e Noa Morales, para ver as melloras realizadas nas instalacións nos últimos meses.
20.00 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á apertura da cafetería de Auditorio de Galicia.