Previsións informativas para o venres 12 de decembro
11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.
12.00 h
Na Praza da Quintana, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, xunto coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, inaugura a I edición do Mercado da Quintana, no que participan exhibindo e vendendo as súas creacións artesáns, produtores, comerciantes e restauradores. Estará aberto ata o vindeiro día 5 de xaneiro.
19.30 h
Na Casa do Concello (salón vermello), a concelleira de Cultura, María Antón, entrega os galardóns do XX Premio de Investigación Antonio Fraguas.
20.15 h
No Auditorio de Galicia, Conversando con… Edmond Colomer.
20.30 h
Na Zona C, A Panadara presenta Pan! Pan! dentro do Bono de Teatro Galego.
20.30 h
No Teatro Principal, concerto de Luar na Lubre e Andrés Penabad dentro do festival Sons Tránsitos do ciclo Sons’14.
21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Edmond Colomer: selección de O Mesías de Haendel. Con Elena Copons, soprano; Jordi Domènech, alto e o Orfeón Terra A Nosa, dirixido por Miro Moreira.
COMPOSTELA GASTRONÓMICA NADAL
Na Aula Gastronómica do Mercado de Abastos:
17.00 h Turrón artesán de chocolate. Guillermo Moscoso.
11.30 h Novos sabores para a mesa tradicional. Sarah Stothart.
13.00 h As cores dun doce Nadal. Sarah Stothart.
19.30 h Cócteles para brindar. Diego Mosquera.