Previsións informativas para o mércores 10 de decembro
11:00 h
Na Casa do Concello (salón verde), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, reúnese coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez. (SÓ GRÁFICOS). Declaracións ao remate, aproximadamente sobre as 11:30 h.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, María Antón para presentar o disco Impromptus, do profesor de piano do Conservatorio Profesional de Música de Santiago, Javier Otero.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Normalización Lingüística, María Corral, xunto co vicepresidente da Cámara de Comercio de Santiago, Evaristo Rodríguez Carracedo, para comunicar a resolución do xurado dos Premios Manuel Beiras.
19.30 h
No Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste ao acto de entrega dos Premios da Cultura Galega 2014.
20.00 h
No CSC das Fontiñas, Mesa redonda É que o cine antes era mellor. Realidade ou ficción?, dentro do programa Compostela Cine Classics. Participan Mariluz Villar (xornalista e actriz), Brais Romero (xornalista e crítico cinematográfico), Jose Mª Folgar de la Calle (profesor titular da historia do cine da USC) e Pepa Fuentes (xerente do CGAC).
20.30 h
Na Zona C, A Panadara presenta Pan! Pan! dentro do Bono de Teatro Galego.
21.00 h
No Teatro Principal, o Grupo Chvere presenta Eurozone, dirixida por Xron. Espectáculo enmarcado dentro do Bono de Teatro Galego.