Previsións informativas para o martes 26 de febreiro
9.30 e 11.30 h
No Teatro Principal, Función Didáctica de 'El burlador de Sevilla' de Tirso de Molina con Regenta Teatro.
10.30 h
Na delegación territorial da Xunta na Coruña, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, asiste á presentación do VI Plan de Igualdade.
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Elvira Cienfuegos, sobre asuntos de carácter local.
11.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar 'O home almofada' que estará no Principal mércores e xoves. Tamén estarán na rolda de prensa actores da obra.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área.
20.00 h
Na Cámara de Comercio, a concelleira María Castelao asiste á entrega de diplomas das accións formativas de comercio exterior realizadas polo Concello en colaboración coa Cámara de Comercio.