Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 4 de agosto

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, e de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, sobre asuntos das súas áreas.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, para presentar o programa de actividades de verán do Centro de Interpretación do Medio Rural de Portela.

20.00 h.
Na Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a concelleira de Cultura, Socorro García Conde, inaugura a exposición VIII Bienal de Pintura Eixo Atlántico 2008-2009.

Festival dos Abrazos
11.00 h. Na Praza do Toural, Alborada.
18.30 h. e 20.00 h. Na Praza das Praterías, Alas Circo Teatro: O Espello. .
21.00 h. Na Rúa do Vilar, Colectivo de desobediencia musical. 21.00 h. No Pazo de Fonseca, Emilio José. [Unha batedora de melodías e ideas para rachar prexuízos musicais.
Neotrobador/Pop/Electrónica/Música].
22.00 h. Na Praza de San Martiño Pinario, Sexteto Luis Diaz. .
22.00 h. Na Praza da Quintana, Stockholm Lisboa Project. .

Vive o Verán
10.00 h. No parque de Bonaval, Tai Chi para todos os públicos. .
10.00 h. No parque da Alameda, Ximnasia Terapéutica para todos os públicos. .
11.00 h. Xogos de sempre no parque da Música (Auditorio de Galicia).
11.00 h. Visita guiada pola Granxa do Xesto .
20.00h. No parque Eugenio Granell, Ximnasia Terapéutica para todos os públicos., .

Compartir: