Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 25 de xullo

10.00 h.
Ofrenda Nacional ao Apóstolo na Catedral
10.10 h.
Chegada do Delegado Rexio (presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo) á Praza do Obradoiro.
Honras e pase de revista
Retirada de bandeiras e tropas
Saúdo ás autoridades
Formación da comitiva oficial
10.20 h.
Encontro no centro da Praza do Obradoiro da comitiva eclesiástica e a civil. Saúdo do Arcebispo ao Delegado Rexio.
Entrada na Catedral.
10.30 h
Comezo da cerimonia relixiosa da Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago.
12.30 h. (aprox.)
Finalizada a cerimonia relixiosa, a comitiva oficial regresa ao Pazo de Raxoi.
Na Alcaldía, sinatura no Libro de Honra do Concello (SÓ GRÁFICOS)
No Salón Nobre, intervención do Delegado Rexio.

18.30 h
No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de concesión das Medallas de Ouro de Galicia.

21.00 h
Na Alameda, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de conmemoración e representación do centenario da Exposición Rexional Galega de 1909.

Compartir: