Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sabado 18 de xullo

9.00 h a 14.00 h e de 16.00 h a 21.30 h
No Centro Xuvenil do Ensanche, xornada de rol organizada pola Concellería de Xuventude do Concello de Santiago en colaboración co colectivo Zónula Catro. Actividades: Torneo Lenda dos 5 aneis e Torneo Flames of war.

11.30 h a 14.00 h
Na Praza Roxa, xornada do Voluntariado. A Concellería de Xuventude en colaboración con diferentes colectivos da cidade - Centro Don Bosco (Servizo de Voluntariado Europeo), IGAXÉS (entidade que traballa na inclusión social de colectivos vulnerables) e o Club de Amigos dos Animais (que desenvolve un importante labor asociativo e de creación de hábitos de coidado e educación cos animais) - desenvolve unha actividade para a sensibilización arredor do voluntariado coa perspectiva de contar no próximo ano 2010 cun voluntariado que apoie a prestación de servizos de acollida e de información aos diferentes grupos de mozos e mozas que estean en Santiago.

12.00 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita o aparcamento da Choupana, que entra en funcionamento. Punto de encontro: porta de entrada ao párking próxima á entrada do Hospital Gil Casares.

20.30 h
Na Casa do Concello, recepción á Orde do Camiño de Santiago.

Vive o Verán
11.00 e 13.00h. No parque de Belvís, Manualidades para todos os públicos 12.00h. No parque de Belvís actuación do Contacontos Fran Insua.

Compartir: