Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 14 de xullo

11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe a nova xerente do Hospital Clínico de Santiago, Rosa Bermejo.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h
Na Casa do Concello, recepción aos participantes nas Aulas no Camiño.

19.00 h
No Paraninfo da Universidade, o alcalde compostelan, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de inauguración dos Cursos de verán de español para estranxeiros, organizados pola USC.

Vive o Verán
10.00h. No Parque de Bonaval, Tai Chi para todos os públicos. 10.00h. No Parque da Alameda, Ximnasia Terapéutica para todos os públicos. 11.00h. No Parque da Música (Auditorio de Galicia), Xogos de sempre nos parques para todos os públicos.
11.00h. Na Granxa do Xesto, Visita Guiada polos Parques de Compostela para todos os públicos. 20.00h. No Parque eugenio Granell, Ximnasia Terapéutica para todos os públicos.

Compartir: