Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 4 de xuño

11.45 h
No Auditorio de Galicia, Ensaio Aberto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Antoni Ros Marbá.
12.00 h
Na sede da Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar, 19), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a exposición "Solidarízate: voluntarios".

12.30 h
No parque José "Zeca" Afonso, a concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos; a vicerreitora de Calidade e Planificación da USC, María Dolores Álvarez Pérez; e o director de Alvarellos Editora, Henrique Alvarellos, asinan un convenio de colaboración para a edición da Guía Verde de Santiago de Compostela. No acto participará tamén María Isabel Fraga, directora do Museo de Historia natural "Luis Iglesias", que é a coordenadora do equipo de contidos da guía.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 12.25 h da Praza do Obradoiro.

13.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Tussa.

17.30 h
No CSC de Vite, proxección de O espello, dentro da sección O pequeno é fermoso do programa Cinemas Dixitais.

19.00 h
No CSC do Ensanche, Taller persoal de poesía impartido por Claudio Rodríguez Fernández, dentro do programa Letras Vivas Creación.

19.00 h
No CSC de Vite, Xogos tradicionais musicais con Ánxela Loureiro dentro do programa Letras Vivas Animación.

19.30 h
Na rúa do Vilar, concerto da Banda de Música Municipal. Programa:
"Tardes coa nosa Banda"
Bernabé Sanchís -------------- Pasodobre ------------------ R. Domenech
Punchinello --------------------- Obertura ------------------- A Reed
Pan y Toros --------------- Selección da Zarzuela ----------- F. A. Barbieri
La Quintessenza -------------- Musical -------------------- J. de Meij
(Introduzione-Capriccio-Airoso-Alla Marcia-Finale)
Carrapucheiriña --------------- Xota Galega ----------------- L. Brage

20.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, acto institucional de imposición da Medalla de Ouro da Cidade ao Mérito Empresarial a José Castro Suárez, presidente da empresa Castrosúa.

Compartir: