Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 28 de xuño

12.00 h
No Museo do Pobo Galego, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega das Medallas Castelao.

20.00 h
Na Praza da Quintana, concerto da Banda Xuvenil e da Banda Sinfónica de Musigalizando, campamento musical que conta coa colaboración da Concellaría de Cultura e no que participan as bandas da Asociación Cultural-Musical Solfa, da Escola de Música de Rianxo, a Músico-Cultural de Ribadumia, a Banda Infantil de Merza e a Banda de Música de Arca.

Compartir: