Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 20 de xuño

10.30 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acude á visita de obras que o ministro de Fomento, José Blanco, realiza á nova terminal do aeroporto de Lavacolla.

10.30 h
No Museo do Pobo Galego, a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, asiste á inauguración do V Encontro do Voluntariado Proxecto Ríos xunto con Virxinia Rodríguez, coordinadora do proxecto.

11.00 h
No Local Sociocultural de Cesar, Romaría Intercentros, dentro do programa de actividades ao aire libre Vive o Verán.

12.00 h
Na Praza do Obradoiro, concentración silenciosa en repulsa polo último atentado perpetrado pola banda terrorista ETA.

12.30 h
Na Alameda, a concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos, visita a Feira do Sol que se celebra durante todo o día.

19.00 h
No CSC de Conxo, inauguración da exposición Fotografías de Xavi Gantes e David Salgado.

20.30 h
En Vite, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura o mirador de Monte de Deus. Asiste a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos.

21.00 h
No CSC da Trisca, concerto de Lobaloo dentro do III Ciclo Revelando Voces.

V Semana Cultural do Castiñeiriño (CSC)
11.00h. Saída para a Romaría dos Centros Socioculturais no Local Sociocultural de Cesar.
20.00h. Regueifas cos Regueifeiros de Galicia dentro do programa Letras Vivas Animación.

Compartir: