Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 28 de maio

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, para presentar o Programa de Educación de Rúa.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe o Premio Nobel de Química en 1987, Jean-Marie Lehn.

12.25 h
No IES Antón Fraguas, festa final do programa De Bo Rollo, organizado pola UMAD, dependendente da Concellería de Benestar Social e Igualdade.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Persoal, Réxime Interior e Reforma Administrativa, Rosa Fernández Somoza, sobre asuntos da súa área.

18.30 h.
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.
2. Dar conta do documento refundido da modificación puntual do PE-1 na unidade edificatoria 111103. Rúa do Preguntoiro núm. 23 (Caixanova).
3. Aprobación definitiva do estudo de detalle da confluencia da rúa do Lindeiro-rúa das Pozas. Meixonfrío.
4. Convalidación do proxecto e inicio do expediente de contratación das obras de saneamento da cunca do río Aríns. Colectores secundarios segunda fase.
5. Adopción de acordos en relación coa "red de ciudades para la bicicleta".
6. Proposta do grupo municipal do Partido Popular relativa á creación dunha Comisión Especial de Investigación sobre a débeda dunha Xunta de Compensación no SUNP-6.
7. Proposta do grupo municipal do Partido Popular relativa á creación dunha Comisión Especial de Investigación sobre a contratación das obras de mellora do colexio Quiroga Palacios.
8. Proposta de designación de membros de Comisións Informativas, Organismos Supramunicipais, Organismos Autónomos, Fundaci´ñons, Empresas Públicas, Sociedades Mixtas e Consellos Sectoriais de actuación municipal.
9. Solicitude do grupo municipal do Partido Popular, de comparecencia da concelleira delegada de Benestar Social e Igualdade, Dona Mar Martín.
10. Dar conta de designación de representantes municipais no Consello Compostela Cultura.
11. Dar conta de personamentos en recursos contenciosos administrativos.
12. Dar conta de Resolucións da Alcaldía en materia de substitución e delegacións, e de acordo da Xunta de Goberno Local de 19 de maio de 2009.
13. Dar conta de Resolucións da Alcaldía, das Concellarías Delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
14. Rogos e preguntas.
15. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.
16. Renuncia dun concelleiro.

21.00 h
Na sala Capitol, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de presentación do novo selo discográfico da empresa Blu:sens.

Actividades no CSC das Fontiñas
16.00 h. Inicio inscrición na excursión "RUTA DOS FAROS" sábado 13 de xuño. (Actividade en rede para todos os centros)
17.00 h. Visita á Radio Obradoiro (Programa Club dos Maiores)
21.00 h. Concerto por Voluntarios Europeos

Compartir: