Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 20 de abril

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, e do concelleiro Javier Sánchez-Agustino, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.30 h
Diante do pavillón da Trinidade, a concelleira de Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira, presenta o Proxecto de Acondicionamento e Urbanización do ámbito de San Fructuoso.

13.15 h
No estadio de San Lázaro, o concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, asina o protocolo para a realización do Torneo Preeuropeo de Baloncesto Feminino.

XXX Aniversario das Corporacións Democráticas
16.00 h. a 19.00 h.
Xornadas de Portas Abertas ao público xeral.
18.00 h
No salón de Plenos do Concello de Santiago, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside un pleno no que participarán os veciños de Fontiñas.

19.00 h
No Auditorio de Galicia, a concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, presenta a mesa redonda "Redes Sociais: Facebook, Tuenti…: a cara oculta dos amigos dos meus fillos", organizada pola concellería de Benestar Social e Muller coa colaboración do Colexio profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia.

20.30 h
No Colexio de Avogados, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta aos veciños os proxectos de reurbanización das rúas Pérez Constanti, Laverde Ruíz, Santiago de Guayaquil, Neira de Mosquera, Curros Enríquez e Gómez Ulla, incluídos no Fondo Estatal de Inversión Local.

COMPOSTELA MÁXICA
Centros do Ensino
10.00h. No Teatro Principal, Maxia para escolares cos Magos Cali, Jessica, Luis Manuel e Myster Yurgen.
12.00h. No Teatro Principal, Maxia para escolares cos Magos Cali, Jessica, Luis Manuel e Myster Yurgen.
Maxia na Rúa
13.00h. Na Praza Roxa, o mago Norberto; na praza das Praterías, Kayto; e na Praza do Toural, actuación do mago Mark Mitton.
19.00h. Na Praza Roxa, actuación do mago Peter Wardell; na Praza das Praterías, do Mago Norberto; e na Praza do Toural, do mago Kayto.
Gala no Principal
20.30h. No Teatro Principal, Gala con Dani García e "Da´Kara".
Maxia no Dado
24.00h. No pub Dado-Dadá, actuación dos magos Mark Mitton e Myster Yurgen.

SEMANA SOCIAL E CULTURAL DO ENSANCHE. No CSCX do Ensanche (Frei Rosendo Salvado, 14/16)
9.00h. Comezo do Xogo Comunitario: Protagonistas
11.00 a 14.00h. Mostra de comercio xusto e consumo responsable.
11.30h. Proxección de documentais.
17.00 a 19.00h. Taller de memoria.
18.00 a 20.00h. Obradoiro de autorretrato. Crea a imaxe de ti mesmo/a.
19.00 a 20.30h. Clube de Teatro

Compartir: