Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 25 de marzo

10.45 a 11.30 h.
Na rúa de Santiago de Chile, número 2 (ao lado da Praza de Vigo), o concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, comenza o percorrido de entrega das bandas de escaparatismo aos estabelecementos gañadores da Edición de Nadal do V Concurso Municipal de Escaparatismo "SCQ Shopping". Os horarios son:
10,50: Entrega da banda ao primeiro clasificado: Saturna. Rúa de Santiago de Chile, número 3.
11,00: Entrega da banda ao segundo clasificado: Pío Pío, Rúa Nova de Abaixo, número 1.
11,10: Entrega da banda ao terceiro clasificado: a tenda de comercio xusto Panxea. Rúa de Gómez Ulla, número 4.

11.00 h.
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico da Banda de Música Municipal, Os instrumentos da Banda. Programa:

H. Mancini (1924-1994)
A panteira rosa
R. Anderson (1947)
A festa das trompetas
Polca
G. Anklin
Glissandos
Polca para trombóns
W. A. Mozart (1756-1791)
Marcha turca da sonata en La maior
Marcha
(xilófono e banda)
M. Novoa
Mozos de Penedo
Muiñeira

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Ángel Espadas, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h.
Na sede do Consorcio (rúa do Vilar, 59), ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, para presentar o proxecto global de conservación e restauración dos retábulos da Capela Xeral das Ánimas. (Aviso para gráficos: trala rolda informativa haberá unha visita para medios gráficos e de televisión acompañados dos técnicos de rehabilitación).

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, para presentar as Bases do Sexto Premio Auditorio de Galicia para novos artistas que se celebra cada dous anos.

13.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, para presentar o programa de actividades da Concellería de Xuventude.

13.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao ministro de Traballo e Seguridade Social de Costa Rica, Francisco Morales Hernández.

19.30 h.
No CSC de Vite, proxección de O matachín e Sen chumbo dentro da sección O pequeno é fermoso do programa Cinemas Dixitais.

20.30 h.
No Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese cos veciños para explicar as obras de reurbanización que se acometerán no tramo Avda. de Villagarcía-García Prieto-Sánchez Freire, incluída no Fondo Estatal de Inversión Local.

Compartir: