Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 25 de febreiro

12.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe a unha delegación do Instituto para o Desenvolvemento Local de Centroamérica (IDELCA) encabezada polo seu presidente, Óscar Ortiz, alcalde de Santa Tecla (República de El Salvador).

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, para presentar o XIV premio literario Ánxel Casal.

12.15 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Transporte, Carlos Nieves, sobre o taxi accesible.

12.30 h.
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

19.30 h.
No CSC José Saramago de Vite, proxección de As loiras prefírenos cabaleiros, dentro da sección O pequeno é fermoso do programa Cinemas Dixitais.

20.00 h.
Na Zona "C" de Bonaval, a concelleira de Cultura, Socorro García Conde, inaugura a exposición de Sara Fuentes Cid, 1:10.

ANTROIDO 2009

821:00 horas
Acompañamento do Meco polas comparsas e participantes no Antroido desde a praza do Toural ata a praza Roxa facendo o percorrido seguinte: Rúa Nova, Rúa do Vilar, Rúa da Senra, Doutor Teixeiro, Xeneral para rematar na Praza Roxa. Prégase aos acompañantes que vistan de rigoroso loito para a ocasión.
Queima do Meco e animación. Acompañamento: Banda de Ponteceso. Animación: Volta e Dálle: Peccata minuta
Praza Roxa

Compartir: