Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 17 de febreiro

11.00 h.
No paseo central da Alameda, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a Aula Móbil do Programa de Accidentes da Fundación RACE.

11.00 h.
No Auditorio de Galicia, Concerto didáctico. Abe Rábade, jazz.

11.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao ministro de Educación de Namibia, Nangolo Mbumba.

12.30 h.
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

19.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á Asociación cultural recreativa e veciñal de Viso.

19.30 h.
No CSC José Saramago, de Vite, a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, inaugura a exposición "O lobo, unha carreira pola supervivencia" que organiza a Concellaría coa colaboración de ADEGA, ERVA e a Asociación de Amizade das Artes Galego-Portuguesa. Estará no CSC ata o vindeiro día 17 de marzo.

IV Ciclo de Cinema LGBT
20.15h. 1977 (curtametraxe) de Peque Varela e Otto; or, uo with dead people.
22.00h. Les filles du botanistete de Sijie Dai.

Actividades específicas do Entroido na Rede de CSC
18.00h. No CSC da Trisca
18.00 a 20.00 h. No CSC das Fontiñas, cos Bolechas.
18.00 a 19.30h. No CSC José Saramago de Vite.

Compartir: