Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 12 de febreiro

10.00 h.
No Salón de Actos da Consellería de Sanidade, a concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, asiste ao acto de presentación do balance das accións realizadas pola Subdireción Xeral de Saúde Mental e Drogodependencias no eido de Saúde Mental e Drogodependencias en Galicia nesta lexislatura.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán e presidente da Fundación Compostela Deporte, Xosé A. Sánchez Bugallo, para presentar a iniciativa Xogo Solidario, enmarcada no programa de axudas da Fundación. Na rolda tamén estarán o concelleiro de Deportes, Andrés Fariña; o presidente da Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago, Jesús Sordo; o xerente de Área Central, Juan Carlos Losada; e o tesoureiro de Acotés, Manuel Loimil.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, para presentar o ciclo de actuacións de teatro da obra "A historia do século XX a través do Rock", que organiza a Obra Social de Ibercaja e a Concellería de Educación. Na rolda tamén estará o director de Ibercaja en Santiago, Javier Ferro.

13.15 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao alcalde de Zitácuaro (México), Juan Antonio Ixtláhuac Orihuela.

18.00 h.
No CSX do Ensanche, proxección de Caderno de Bitácora, Prestige e O pesadelo de Florian dentro da sección O Pequeno é Fermoso do programa Cinemas Dixitais.

19.00 h.
No CSC de Vite, proxección de Alistán, o demo oveiro, dentro da sección O Pequeno é Fermoso do programa Cinemas Dixitais.

20.00 h.
No CSX do Ensanche, proxección de A rosa dos ventos, Nico e Alzheimer, dentro da sección O Pequeno é Fermoso do programa Cinemas Dixitais.

20.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa xunta directiva de Acotés.

21.00 h.
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia. Tuomas Ollila-Hannikainen, director / Daniel Hope, violín.
IV Ciclo de Cinema LGBT
20.15h. Les filles du Botanistete, de Sijie Dai.
22.00h. Breakfast with Scot, de Laurie Lynd.

Compartir: