Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 7 de maio

10.00 h.
No Palacio de Congresos e Exposicións, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura o X Congreso Nacional e XXI de Galicia de Aulas de Terceira Idade.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, para presentar a campaña "Aprende a ir suxeito no coche con Pillo o Armadillo". Na rolda tamén estará o coordinador nacional de Educación Vial do RACE, Juan Antonio Sánchez Trillo.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, para presentar a obra de teatro familiar Historia do Soldado, de Bengala Produccións. Na rolda estarán tamén Xosé Manuel Rabón, director de escena; Joam Trilho, director da orquestra; Lino Braxe, actor; e Diego Neira, actor e cantante.

21.00h.
Ciclo de Cinema Mudo e Música en Directo
No Teatro Principal, proxección de Steam Boat Bill Jr. (1928) de Ch. Freiser e Buster Keaton acompañado de piano, clarinetes, guitarra e violoncelo.

21.00h.
II Ciclo Revelando Voces
No CSC de Conxo, concerto de O Leo i arremecághona!!! dentro do II Ciclo Revelando Voces.

Compartir: