Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 6 de maio

11.00 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á Comisión Executiva da FEGAMP, na sede da devandita entidade (rúa Varsovia, 4C, 6ª planta, Área Central).

11.30 h.
Na Casa do Concello, a concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos, presenta as visitas á planta de potabilización da auga de Compostela que comenzarán a semana que vén. As visitas estarán abertas a todos aqueles adultos que o desexen en horario flexible. Na rolda, a concelleira estará acompañada de Ana Tejeiro, xerente de Aquagest.

12.00 h.
Na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos, o concelleiro de Cultura asiste á presentación do programa Vía Stellae 2008. No acto participan tamén o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco; o director artístico do festival, Víctor Carou; e o xerente do Xacobeo, Ignacio Eguibar.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar os resultados do Proxecto Crear IV.

19.45 h.
No CSC José Saramago de Vite, o concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, inaugura a XVII Semana Aniversario do Centro que se celebra do 6 ao 10 de maio.

21.00 h.
Ciclo de Cinema Mudo e Música en Directo
No Teatro Principal, continúa o Ciclo de Cinema Mudo e Música en Directo, Desta vez, poderase ver o filme The gold rush (1925) de Charles Chaplin acompañada pola música de piano e clarinete. A duración do filme, que é para todos os públicos, é de 80 minutos.