Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 12 de maio

10.30 h.
No Teatro Principal, Bicos con Lingua de Talía Teatro.

11.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao embaixador da Federación Rusa en España, Alexander Kuznetsov.

11.30 h.
Na praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugalo, dá a saída da Correlingua 2008.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do Grupo Popular Municipal, Gerardo Conde Roa, e da concelleira Cecilia Sierra sobre asuntos de carácter local.

12.00 h.
Na Casa do Concello, o voceiro da Xunta de Goberno Local, Néstor Rego, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á nova directiva da Confederación Galega de Asociacións Veciñais (COGAVE).

20.00 h.
Mostra de Cine Cubano en Galicia
No Teatro Principal, comeza a Mostra do Cine Cubano en Galicia coa proxección do filme de José Luis Sánchez, El Benny (2006). Este ciclo está organizado polo Consorcio Audiovisual de Galicia.

Compartir: