Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 10 de maio

12.00 h.
Letras Vivas
No CSC das Fontiñas, os Contacontos Anias presentan Vivir os contos dentro do programa Letras Vivas, organizado pola concellería de Cultura e a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia.

18.30 h.
No Multiusos Fontes do Sar, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao partido entre o A. Lobelle de Santiago e o Interviu Fadesa.

18.30 h.
Ópera Familiar
No Teatro Principal, Bengala Produccións presenta Historia do Soldado.
20.30 h.
Espazos Sonoros Na Igrexa da Universidade, Harmonía Artificiosa dentro do ciclo Espazos Sonoros organizado pola concellería de Cultura e a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia.

Compartir: