Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 9 de abril

10.00 h.
Na Sala de Xuntas do Arcebispado de Santiago (praza da Inmaculada, 1), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste a reunión do Padroado da Fundación "Asilo de San Castor e Santa Adelaida".

11.15 h.
O concelleiro popular Ángel Espadas visita as obras do pavillón do IES de Pontepedriña. Punto de encontro: marquesiña situada enfrente do instituto.

12.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe a unha delegación da cidade de Santiago de los Caballeros (República Dominicana).

12.10 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Facenda e Orzamentos, Andrés Fariña, para presentar a liquidación dos orzamentos de 2007.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego; do xerente do Auditorio, Paulo Rodríguez; do Mago Antón, de Creacións Máxicas, e do Mago Romarís, en nome da Asociación de Magos Profesionais de Galicia, para presentar Compostela Máxica 2008. II Semana Internacional do Ilusionismo, que comeza este sábado.

20.00 h.
Na Fundación Granell, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta o libro "Crimen, criminales y reos. La delincuencia y su represión en la antigua provincia de Santiago entre 1.700 e 1.834", de Raquel Iglesias Estepa. Publica o Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela.

21.00 h.
No Multiusos Fontes do Sar, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao partido do Lobelle contra o DKV Zaragoza.

Compartir: