Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 8 de abril

10.45 h.
No Salón Reitoral (pazo de San Xerome, 1º andar), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao Consello de Administración da Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras S.L, Uninova.

11.30 h.
No Salón Reitoral, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á reunión do Consello de Administración da Sociedade Cursos Internacionais.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar a revista "Marzo, mes do comercio".

20.30 h.
No Teatro Principal, Homenaxe ao compositor Manuel Balboa (1958-2004). O Grupo Instrumental Siglo XX interpreta Obra completa para grupo instrumental, con José Luis Temes como director convidado.

Compartir: