Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 5 de abril

A partir das 10.00 h.
No Auditorio de Galicia (Sala de Exposicións), actividades para escolares dentro da exposición A Historieta Galega 1973-2008.
10.00 h. Fran Bueno remata de debuxar o seu mural.
11.00 h. Visita guiada pola exposición.
12.00 h. Obradoiro con Pepe Carreiro, debuxante de Os Bolechas.

21.30 h.
XIV Festival Internacional de Teatro Universitario (USC)
No Teatro Principal, a Aula de Teatro da Universidade Pablo Olavide, La Escalera Teatro, representa Las relaciones, de Clara Dea Loher.

Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España
9.30 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á recepción ofrecida polo presidente da Junta de Extremadura, Guillermo Fernández Vara.
10.00 h.
No salón de sesións do Concello de Mérida, celebración da Asemblea Ordinaria do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.
13.15 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participa na rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratados.

Compartir: