Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 29 de abril

10.00 h. e 12.00 h.
No Teatro Principal, títeres para escolares da man da compañía Sol y Tierra baixo o título "Érase unha vez no espazo", froito da colaboración entre a Concellaría de Educación e a Obra Social e Cultural de Ibercaja. Entre todas as representacións programadas participarán máis de 1.800 alumnos e alumnas de 5 a 11 anos dos centros de ensino composteláns.

13.30 h.
Na sede da Mancomunidade da Comarca de Santiago (rueiro de Figueiriñas, nº 5- A. Carme de Abaixo), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á reunión da Xunta Directiva da Asociación de Desenvolvemento Rural Sar-Ulla.

18.00 h.
Na Casa do Concello, recepción aos directivos e membros da Federación Española e Galega de Baloncesto con motivo da celebración na cidade da fase de ascenso á Liga Feminina, que terá lugar en Santiago entre o 30 de abril e o 4 de maio.

20.00 h.
Na Casa do Concello, recepción aos asistentes ao Buró Executivo da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico, que se celebrará en Santiago o 30 de abril.

21.00 h.
No Teatro Principal, concerto da cantautora Conchita.

Compartir: