Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 25 de abril

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, para presentar o espectáculo Os nenos do Coro (Les choristes) protagonizado pola Coral Saint Marc de Lyon (Francia), que se celebrará no Auditorio de Galicia o vindeiro 24 de maio. Na rolda estará tamén Ignacio Faulín, produtor do espectáculo.

12.00 h.
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, para presentar o programa das Festas da Ascensión 2008.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.30 h.
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Mercagalicia, que terá lugar na sede desta entidade (Polígono do Tambre, Vía La Cierva s/n).

19.00 h.
No Salón de Actos do Consello da Cultura Galega, a concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos, en representación do concelleiro de Cultura, presenta unha nova edición de Escritores en Compostela. Esta vez a protagonista será a cubana Nancy Morejón, que fará unha lectura de poemas comentados baixo o título "A beleza de todos os días". No acto estará tamén o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez Iglesias.

21.00 h
No Teatro Principal, concerto de Faltriqueira, dentro do ciclo Cultura Vai 4x4 que organizan a concellaría de Cultura e a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura.

22.00 h
No Multiusos do Sar, espectáculo musical Grease.

Compartir: