Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 24 de abril

11.15 h.
No Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche, a concelleira de Benestar Social, Mar Martin, preside o acto no que se fallará e se entregará o premio do concurso de ideas sobre corresponsabilide posto en marcha o Concello e subvencionado pola Deputación da Coruña baixo o lema "¿como se deben repartir as tarefas domésticas dentro da familia? O concurso vai dirixido a alumnos do primeiro ciclo da ESO e con el preténdese que reflexionen sobre o que é a corresponsabilidade. O cartel gañador será o motivo do material que se elabore para a realización da campaña.

12.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co presidente da Fundación Amigos de Galicia, Jesús Busto Peteiro.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar Compostela Outlet 2008. II Feira do comercio. Na presentación repartiranse as acreditacións aos medios de comunicación para asistir ao outlet.

18.30 h.
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de acta de sesión anterior.
2. Desestimento formulado polos irmáns Peleteiro Ramos en orden á tramitación da Modificación do Plan especial do equipamento docente no Monte Redondo (D-19). Colexio M. Peleteiro.
3. Aprobación definitiva da Modificación puntual do Plan parcial do SUNP-22. Castro de Abaixo.
4. Solicitude de comparecencia do Sr. Concelleiro Delegado de promoción económica, emprego, comercio e turismo.
5. Dar conta de persoamentos en diversos procedementos de recursos contenciosos administrativos.
6. Dar conta de Resolucións da Alcaldía, das Concellerías Delegadas e da Xunta de Goberno Local.
7. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.
8. Rogos e preguntas.

20.00 h.
A concelleira de Benestar Social, Mar Martín, inaugura a nova sede de AGADEA, Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos de Alzheimer. (Salgueiriños de Abaixo, 15).

20.30 h.
Na Biblioteca Pública "Ánxel Casal", o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta o libro "Producción y comercio del libro en Santiago (1.501-1.553)". No acto estará presente o autor, Benito Rial Costas.

21.00 h.
II Ciclo revelando Voces
No CSC de Vite, concerto de Miguel Alonso, dentro do II Ciclo Revelando Voces.

21.00 h.
No Teatro Principal, espectáculo Os Monólogos de Rober Bodegas.

21.00 h.
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia. Antoni Wit, director / Marat Bisengaliew, violín.
22.00 h.
Na Sala Capitol, concerto de presentación do I Certame Músicaxove’08. Actúan Triángulo de Amor Bizarro e Nadadora.

Compartir: