Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 15 de abril

12.00 h.
Na sede da Fundación Caixa Galicia (Rúa do Vilar, 19), ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego; da xerente da Zona de Santiago da Fundación, Ana Salgado; e do xerente do Multiusos Fontes do Sar, Santiago López Cuadrado, para presentar o concerto de Michael Nyman que se celebrará o vindeiro 16 de maio no Multiusos do Sar. Na rolda estará tamén Juan Paz, Brand Manager de 1906 Reserva Especial, que colabora no Concerto.

20.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa asociación de veciños de San Xoán de Fecha.

Compostela Máxica
10.00 h.
Maxia para escolares
No Teatro Principal, o Mago Norberto presenta o seu espectáculo "Xogos Máxicos"
12.30 h.
Maxia para escolares
No Teatro Principal, ""A nossa maxia" con Cyrille Sinclair.
13.00 h.
Maxia na Rúa
Na Praza Roxa, Jean Philippe
Na Praza das Praterías, Malo, El Malísimo
Na Praza do Toural, Steve Faulkner.
19.00 h.
Maxia na Rúa
Na Praza Roxa, Dr. Marrax
Na Praza das Praterías, Miguelillo
Na Praza do Toural, Jean Philippe
18.00 h.
Maxia nos Centros Socioculturais
No CSC da Trisca, actuación do mago Cayetano Lledó.
20.00 h.
Maxia no Principal
No Teatro Principal, Gala Familiar de Pedro Volta co seu espectáculo "Ilusión"

Compartir: