Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 12 de abril

11.15 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita, xunto co concelleiro de Mercados, Carlos Nieves, a Praza de Abastos.

11.45 h.
No CGAC, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, asiste á entrega do premio os Bos e Xenerosos, que entrega a Asociación de Escritores en Lingua Galega, AELG. Este ano a honra caeu na AS-PG, Asociación Sociopedagóxica Galega.

12.30 h.
En San Lázaro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a nova praza da Muíña (Rúa da Muíña)
Indicacións: na rotonda do campo de fútbol de San Lázaro, tomar dirección Amio. A praza está a carón do Centro Sociocultural de Amio.

14.00 h.
No Hotel Monumento San Francisco, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á homenaxe a Carmen Cervera, directora do Colexio Sagrado Corazón de Placeres, Pontevedra.

21.00 h.
No Auditorio de Galicia, a compañía Arrieritos presenta 13 rosas, dentro do ciclo Teatro e Danza en Xira 2008.

22.00 h.
No Teatro Principal, Gala de Apertura de Compostela Máxica 2008. II Semana Internacional do Ilusionismo. Participarán Román García, o Mago Romarís, Luis Manuel e Lipan and Company, presentados polo Mago Antón.