Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 1 de abril

11.00 h.
Concerto Didáctico
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico a cargo de Mercedes Peón.

12.00 h.
Na Sacristía Baixa do Hostal dos Reis Católicos, o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, acompaña ao director de vendas de Aer Lingus para España, Vicente Delgado, na presentación da nova temporada de operacións desta liña irlandesa no aeroporto de Lavacolla.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, para presentar o proxecto de rehabilitación do Centro de Estudos Composteláns Ánxel Casal (antiga sala de máquinas de Fenosa) e os seus futuros contidos.

17.00 h.
Na sede do Consorcio (rúa do Vilar, 59), ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos aprobados na reunión da Comisión Executiva da devandita entidade.

18.30 h.
No Paraninfo da Universidade, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da sesión académica solemne da Real Academia das Ciencias Económicas e Financeiras.

20.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa asociación de veciños Rocha Vella.

21.00 h.
XIV Festival Internacional de Teatro Universitario
No Teatro Principal, Assaig, Grup de Teatre da Universidade de Valencia, representa Per Sant Lluc, dentro do XIV Festival Internacional de Teatro Universitario que organiza a USC.

Compartir: