Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 30 de marzo

11.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Tussa.

12.00 h.
Na Casa do Concello, o voceiro da Xunta de Goberno Local, Néstor Rego, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, para presentar a oitava campaña de animación á lectura: O eco da memoria. Na rolda tamén estará o xerente de Kalandraka Editora, Xosé Ballesteros.

20.00 h.
Na Casa do Concello, recepción aos participantes na sesión académica da Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras.

20.00 h.
Inauguración da Semana Social e Cultural do CSC do Ensanche. Asisten: os concelleiros de Centros Socioculturais, Néstor Rego; de Benestar Social, Mar Martín; de Xuventude, Xosé Baqueiro, e o subdirector de zona e sedes da Fundación Caixa Galicia, José Victorino Nogueira.

Previsións informativas para o domingo 30 de marzo

12.00 h.
No Teatro Principal, concerto da Banda de Música Municipal.

21.00 h.
No Auditorio de Galicia, o Centro Coreográfico Galego presenta O kiosco das almas perdidas.

Compartir: