Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 3 de marzo

10.30 h. e 12.00 h.
No Teatro Principal, concerto didáctico a cargo da compañía B Vocal, organizado pola Concellaría de Educación e Ibercaja.
A función consiste nun espectáculo que percorre os principais estilos artísticos que marcaron as distintas épocas do desenvolvemento da humanidade: a música e a historia, a voz, o humor; primeiras manifestacións musicais; a Idade Media; o Renacemento; o Barroco; o Clasicismo; do Clasicismo ao Romanticismo; século XIX; os estilos musicais máis importantes do século XX; o Jazz; The Beatles; Rock and Roll; o Pop; o Rap. Os alumnos que asistirán a esta sesión (C. A Miragrosa, C. Compañía de María, IES Xelmírez II, IES Pontepedriña, IES Antonio Fraguas, IES de Sar cun total de 450 alumnos/as) poderán gozar da mellor música de todas as épocas, contada e cantada con simpatía e humor.

11.00 h.
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico co grupo Na Virada .

12.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á presidenta da asociación Mulleres pola Igualdade, María Vázquez Sande.

12.10 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da portavoz municipal do BNG, Socorro García Conde, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h.
Na Casa do Concello, o voceiro da Xunta de Goberno Local, Néstor Rego, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao presidente da Asociación de Dano Cerebral de Compostela "Sarela", José Balboa.

Compartir: