Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 14 de marzo

10.30 h. a 12.30 h.
O concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, e a delegada da Consellería de Traballo na provincia da Coruña, María Debén, visitan a primeira fase das obras de rexeneración do cauce e recuperación ambiental das ribeiras do río Sarela.
Nota: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 10.30 h. da Praza do Obradoiro.

12.00 h.
En Madrid, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á constitución da Comisión de Urbanismo e Vivenda da FEMP (sede da FEMP: rúa Nuncio, Madrid).

20.00 h. a 21.30 h.
No Centro Sociocultural do Ensanche, conferencias sobre Comunicación e Innovación para o pequeno comercio, organizadas pola Concellaría de Promoción Económica e Comercio, dentro do programa "Marzo, mes do comercio". O profesor Félix Blanco imparte a charla "Como mellorar a comunicación oral e escrita". De balde e aberta ao público.

Compartir: