Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 12 de marzo

11.45 h.
O concelleiro popular responsable do seguimento da área de Deportes, Ángel Espadas, visita, xunto co presidente do equipo de fútbol Victoria de San Lázaro, os terreos da nova zona deportiva de San Lázaro, situados detrás do edifico do SERGAS. Punto de encontro: Adega da Muíña, San Lázaro.

12.00 h.
Na sede da Fundación Caixa Galicia (Rúa do Vilar, 19), o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, asiste á presentación do musical Grease Tour, que se celebra no Multiusos o vindeiro 25 de abril. Na rolda estarán tamén Ana Salgado, da Fundación Caixa Galicia; X. Antón Antelo Lema, subdirector do Multiusos; e Ignacio Faulín, promotor do espectáculo.

12.30 h.
Na Sala Circular do Auditorio de Galicia, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego asiste á presentación do novo disco de Uxía, Eterno Navegar, que se estrea o vindeiro sábado dentro do ciclo Sons da Diversidade. Na rolda estarán tamén Paulo Borges, compositor, coprodutor e arranxista de Eterno Navegar; Quim Farinha, creativo e artífice das fotografías do traballo; e Paulo Rodríguez, director do Auditorio de Galicia.

20.00 a 21.30 h.
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, conferencias sobre Comunicación e Innovación para o pequeno comercio, organizadas pola Concellaría de Promoción Económica e Comercio, dentro do programa "Marzo, mes do comercio". O profesor Fernando Ramos Fernández imparte a charla "Aspectos fundamentais das Relacións Públicas". De balde e aberta ao público.

20.25 h.
No Comedor Real do Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a Homenaxe a 8 Mulleres, dentro dos actos de conmemoración do Día Internacional da Muller.

20.30 h
Na Zona "C", o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, asiste á inauguración da exposición de Marga Crespo, Estruturas Binarias.

Compartir: