Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 6 de febreiro

13.30 h.
Na sede do Consorcio (rúa do Vilar, 59), o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a Comisión Executiva da devandita entidade.

20.00 h.
Na Fundación Granell, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a exposición Textura de Mar, de Urbano Lugrís Vadillo.

Ciclo de cine e gastronomía. Teatro Principal.

20.15 h.
Deliciosa Martha, de Sandra Nettelbeck.
22.15 h.
O festín de Babette, de Gabriel Axel.

ANTROIDO 2008

21.00 h. ACOMPAÑAMENTO DO MECO polas comparsas e participantes no Antroido desde a praza do Toural ata a praza Roxa facendo o percorrido seguinte: rúa Nova, rúa do Vilar, Senra, Doutor Teixeiro e República do Salvador, para rematar na praza Roxa. (Prégase aos acompañantes que vistan de rigoroso loito para a ocasión)
QUEIMA DO MECO e animación.
Acompañamento: BANDA DE PONTECESO
Animación: VOLTA E DALLE: Peccata minuta. Praza Roxa.

Compartir: