Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 4 de febreiro

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e do concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar a programación cultural do Fórum Gastronómico. Na rolda estarán tamén Xesús Ron, da Sala Nasa e Evaristo Calvo e Vítor Mosqueira, Mofa e Befa, que participan en dita programación.

12.30 h.
Na Casa do Concello, o voceiro da Xunta de Goberno Local, Néstor Rego, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

ANTROIDO 2008

17.00 a 20.00 h. Obradoiros de maquillaxe, disfraces e máscaras dirixidos por monitores. Praza do Toural, praza Roxa e Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.
23.00 h. Baile de máscaras a cargo da orquestra Cunter’s. Sala Capitol (entrada libre previa recollida de invitación no Teatro Principal).

Compartir: