Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 29 de febreiro

10.00 h.
No Pazo de Fonseca, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita, xunto co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e o presidente do Principado de Asturias, Vicente Álvarez Areces, a exposición "Do Gaudeamus igitur ao Venceremos nós. As mobilizacións estudantís do 68 en Compostela", organizada pola Fundación 10 de Marzo.

11.30 h.
No Pazo de Fonseca, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro, presentan o Premio Fonseca de divulgación científica, convocado conxuntamente polo Consorcio e a USC, no marco do programa ConCiencia.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h.
Nos xulgados (Salón de Bodas), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de toma de constitución da Fiscalía de Santiago de Compostela e de toma de posesión do fiscal xefe, Mario Piñeiro Vázquez.

21.00 h.
No Teatro Principal, estrea da curtametraxe Perversa Lola, dirixida por Sonia Méndez e protagonizada por Nuria Sanz e Xabier Deive.

Compartir: