Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 28 de febreiro

10.00 h.
No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración do congreso "Medio Rural, Agricultura e Cambio Climático".

11.00 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a ministra de Medio Ambiente, Cristina Narbona, visitan as obras en execución de saneamento da cidade.
Punto de encontro: Multiusos Fontes do Sar.
Nota: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 10.40 h. da Praza do Obradoiro.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mobilidade, Marta Álvarez-Santullano, acompañada do xefe da Policía Local, Norberto Villaverde, sobre asuntos da súa área.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, para presentar a curtametraxe Perversa Lola, que se estrea o venres, no Teatro Principal. Na rolda estarán Sonia Méndez, directora da curta, e Nuria Sanz e Xabier Deibe, actriz e actor protagonistas.

18.30 h.
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.
2. Dar conta da presentación do documento reformado da modificación puntual do Plan parcial do solo urbanizable programado número 7 (SUP-7). Ponte Pedriña.
3. Recurso de reposición interposto por dona Estrella Rivas Sixto contra a aprobación definitiva da modificación puntual do estudo de detalle da unidade de xestión número 16 (UX-16). Santas Mariñas.
4. Aprobación inicial da ordenanza reguladora do uso de hortas municipais constituídas en espazos públicos e do outorgamento das súas autorizacións de uso.
5. Aprobación dos modelos das declaracións de intereses patrimoniais, causas de posible incompatibillidade e actividades dos membros da corporación e persoal directivo municipal.
6. Concesión de medallas e distincións.
7. Declaración de utilidade municipal a Asociación de pais de persoas con trastornos do espectro autista da provincia da Coruña (ASPANAES).
8. Dar conta de decreto designando interventora municipal.
9. Dar conta de Resolucións da Alcaldía, das Concellerías Delegadas e da Xunta de Goberno Local.
10. Toma en consideración das mocións presentadas polos grupos municipais.
11. Rogos e preguntas.

21.00 h.
SCQ Danza
No Teatro Principal, Music-Walk presenta Four Walls (Encontrando a Cage), espectáculo de danza con música en directo.

Compartir: