Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 21 de febreiro

11.15 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao embaixador de Croacia en Madrid, Filip Vucak.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, e dos directores do Fórum Gastronómico, Pep Palau e Jaume von Arend, para facer balance do evento.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h.
No Mercado Municipal de Amio, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura o Parque Infantil de Tráfico.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 11.50 h. da Praza do Obradoiro.

12.00 h.
En San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, para presentar o I Cross de Galicia, actividade que se desenvolverá no Monte do Gozo o vindeiro 24 de febreiro. Asisten: o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidro Hornillos; o delegado local da Federación, Iván Sanmartín; e o actual campión galego de Cross, Pedro Nimo.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Réxime Interior e Reforma Administrativa, Rosa Fernández Somoza, para presentar o acordo de creación dos rexistros de actividades e bens patrimoniais e os modelos de declaración.

21.00 h.
No Teatro Principal, concerto de jazz con Baldo Martínez Grupo.

Compartir: