Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 20 de febreiro

9.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Emuvissa.

11.30 h.
No Estadio de San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, para presentar a 2ª Fase do Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas de Fútbol Feminino, actividade que se desenvolverá esta semana nos campos de fútbol municipais de Santa Isabel e As Cancelas. Asisten: o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, José Antonio Lobelle, e o delegado local da Federación, Enrique Fernández Otero.

12.00 h.
Na Fundación Compostela Deporte, o concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, e o presidente do Club Ciclista Compostelano-Muebles Compostela, Nemesio López Díaz, asinan o convenio para a celebración da Volta Ciclista da Ascensión 2008.

12.00 h.
Na beirarrúa da SGAE (Vista Alegre), ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular responsable do seguimento de Xuventude, María Seoane, sobre asuntos desa área.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, para presentar a programación trimestral da Escola Municipal de Música.

20.00 h.
No Teatro Principal, estrea das curtametraxes Rosa dos Ventos, Ribadeo. 1936 e Cores, de Jairo Iglesias.

Compartir: