Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 16 de febreiro

11.45 h.
No Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura o Fórum Gastronómico Santiago’08. Asiste o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias.

13.00 h.
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega da Medalla de Ouro á acción empresarial a Emilio Santasmarinas, que concede o Foro Universitario Europeo Reyes Católicos.

Compartir: