Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 20 de novembro

11.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular responsable do seguimento de Economía e Facenda, Cecilia Sierra, sobre asuntos destas áreas.

11.30 h.
No Centro Integrado de Formación Profesional Politécnico de Santiago, a concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, asiste á inauguración do II Congreso Galego Síndrome de Down "Dependencia-Independencia", organizado por Down Compostela.

11.30 h.
Na Galería Sargadelos, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta o libro "Sar, Sarela e os monstros de Compostela", de Francisco López-Barxas.

12.00 h.
Na sede da Fundación Granell (Pazo de Bendaña) o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a xuntanza do Padroado da Fundación Granell.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, para presentar o programa xeral de actividades da Concellaría.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, sobre asuntos da súa área.

12.30 h.
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez; Manuel González, director da Axencia Galega do Audiovisual; e Teo Manuel Abad, director de Flores Tristes, filme que se inaugura o venres en Cineuropa. Estarán tamén o director do Festival, José Luis Losa; Antonio Varela, de Pórtico Produccións e Eduardo Galán, da TVG.

13.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe aos alcaldes das municipalidades de Lince, Martín Príncipe, e de Surquillo, Gustavo Sierra, (situadas en Lima, Perú), que se atopan en Santiago para estabelecer programas de cooperación coa Asociación Galega de Hemofilia.

14.00 h.
No Polígono de Sabón, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega dos Premios Fernández Latorre.

19.30 h.
No Centro Sociocultural do Ensanche, a concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, preside o Consello Municipal de Servizos Sociais.

20.00 h.
No CGAC, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de celebración do 75 aniversario de Radio Galicia-cadena SER.

21.00 h.
No Auditorio de Galicia, Concerto de Abono da Real Filharmonía de Galicia.

Compartir: