Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 19 de novembro

10.30 h.
No Salón Teatro, PASE PARA PRENSA do filme Leonera, dirixido por Pablo Trapero, e que poderemos ver esta noite na gala na que se lle entregará o premio Cineuropa.

11.00 h.
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico da Banda Municipal de Música dirixida por Casiano Mouriño.
11.15 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular responsable do seguimento de Obras, Infraestruturas e Relacións Veciñais, Albino Vázquez Aldrey, para facer balance.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, para presentar a III Xornada Emprende en Compostela.

12.00 h.
Na Alameda, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da exposición itinerante sobre cooperación ao desenvolvemento da Dirección Xeral de Cooperación Exterior.

12.00 h.
Na Sala de Usos Múltiples da UMAD, a concelleira de Benestar Social, Mar Martín, presenta a curtametraxe BUXAINA, realizada polos propios usuarios da Unidade Municipal de Atención ao Drogodependente. No acto tamén se presentarán as actividades 08/09 da UMAD.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 11.50 h. da Praza do Obradoiro.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e de Pablo Trapero, director arxentino que recibirá esta noite o premio Cineuropa 2008. Na rolda estará tamén José Luis Losa, director do Festival.

20.00 h.
No Centro Sociocultural do Ensanche, o concelleiro de Sanidade e Consumo, Xosé Baqueiro, presenta a charla-coloquio sobre "comunidade de propietarios", organizada pola Oficina Municipal de Atención ao Consumidor, OMIC. Participantes: Miguel López Crespo, secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia; e Rafael Rodríguez Rey, secretario de AGADIN (Asociación Galega de Inmobiliarias).

20.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Relacións Veciñais.

18.30 h.
No CSC de Vite, Fiando contos de Marisa Irimia dentro do programa Letras Vivas Animación.

21.00 h.
No Teatro Principal, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a Gala de entrega do Premio Cineuropa ao director arxentino Pablo Trapero, presentada pola actriz Camila Bossa e amenizada polo Cuarteto de Chelos da Real Filharmonía de Galicia. Na gala proxectarase o último filme de Trapero, Leonera.

Compartir: